Mellor acompañad@
17-04-2026
O concello de Fene en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia organiza un curso de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 5 e o 26 de maio de 2026 .
O Curso vai a estar orientado ao coñecemento do uso das tic para o mellor emprego de:
Caixeiro automático
Máquina de quendas
App móbil do Sergas/Chave 365
Tellefono móbil/smartphone
Outros trámites
As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais de forma presencial.
As datas de inscrición serán as comprendidas entre o venres 17 e o 30 de abril. O número máximo de participantes por grupo é un máximo de 12 e un mínimo de 8.
A formación é de balde.
Que necesitan levar as persoas participantes:
O teléfono móbil e o DNI
Datas: 5,12,19 e 26 de maio
Horario: 10:00-12:30h.
Lugar: Aula de informática. Avda. Naturais nº 44 entresollado- Fene.
+ Información: Centro Municipal de Servizos Sociais
Tel:981492706
Correo electrónico : servizos.sociais@fene.gal
