Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista
12-06-2025
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe xoves 12 de xuño 2025 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO MACHISTA acontecido en Campo Lameiro e veciña de Moraña, MARISOL COSTA DE 49 ANOS
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
