Coidarme para poder educar, tema dunha nova sesión do programa Máis que un teito
23-04-2025

Os coidados, dar e recibir, a xestión do estrés, o autocoidado e a autoestima. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 28 de abril, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene e, para asistir, cómpre inscribirse até o venres 25 de abril, indicando se precisa servizo de conciliación para atender ás crianzas. Prazas limitadas (30)
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
As prazas cubriránse por orde de inscrición.
"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.
A actividade vai dirixida a epresentantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Valentín-Fene
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607