Claves para a educación emocional, tema dunha nova sesión do programa "Máis que un teito"
03-04-2025

O vindeiro luns, 7 de abril, ás 18.30 horas, a Casa da Cultura acollerá unha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga.
Actuación encamiñada a sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre o abordaxe dos conflitos dende a educación emocional e comunicación non violenta, de maneira precisa e axeitada para previr comportamentos conflitivos nas familias.
O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con entrada de balde con requisito de inscrición previa. No caso de precisar servizo de conciliación para atender ás crianzas cómpre solicitalo no formulario achegado.
Ao longo da sesión trataranse os seguintes aspectos:
A educación emocional
A xestión emocional
A afectividade consciente
Claves para o acompañamento emocional
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
As prazas cubriránse por orde de inscrición.
"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.
A actividade vai dirixida a epresentantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Velentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607