Prevención ou abordaxe de conflitos nas familias, tema dunha nova sesión do programa "Máis que un teito"
28-03-2025

Que é un conflito, diferentes formas para resolvelo, como axudar ás crianzas a resolver un conflito ou ferramentas a utilizar na resolución de conflitos tendo en conta a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta. Son algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro luns, 31 de marzo, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con entrada libre e de balde ate completar o aforo, aínda que, no caso de precisar servizo de conciliación para atender ás crianzas, cómpre anotarse.
A presentación das solicitudes poderase facer polos seguintes medios:
- A través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal.
- Achegando a ficha de inscripción cuberta.
- Nos teléfonos 981342607-981492706 do Centro Municipal de Servizos Sociais.
As prazas cubriránse por orde de inscrición.
"Máis que un teito" é un programa de formación en prevención familiar e comunitaria que ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero. Ademais, pretende sensibilizar, mellorar e complementar a información sobre a prevención familiar de maneira precisa e axeitada, incidindo nos factores de protección.
A actividade vai dirixida a epresentantes das ANPAs, entidades sociais e familias, ás que se lles ofrece manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións autónomas e
responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.
Para calquera outra información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
R/ Avda. do Mar, bloque 1-baixo - 15500 San Velentín-Fene
Teléfonos: 981492706/981342607