O Concello de Fene súmase un ano máis á campaña da "Hora do Planeta"

O Concello de Fene súmase un ano máis á campaña da "Hora do Planeta"

A Concellería de Medio Ambiente anima a veciñanza a participar nesta iniciativa, apagando o sábado 22 de marzo de 20.30 a 21.30 h as luces dos seus domicilios.

A “Hora do Planeta” é unha campaña da WWF que empezou no ano 2007 en Sidnei, Austraia, como un xesto simbólico de loita contra o cambio climático. 18 anos despois continúa a ser maior campaña de mobilización ambiental da historia. Unha expresión multitudinaria do sentir de millóns de persoas que piden a implicación comprometida de todos e todas fronte ao cambio climático, a meirande ameza ambientan á que nos enfrontamos.

E por iso, un ano máis, o Concello de Fene, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de subscribir a carta de adhesión á chamada da WWF, comprometéndose a apagar as luces exteriores da Casa da Cultura-Museo do Humor o sábado 22 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 h., e a facer un chamamento á veciñanza para que secunde esta iniciativa.

úneste? 💚♻️
+ info https://horadelplaneta.wwf.es/