Non pasa nada, pasa algo

Non pasa nada, pasa algo

Mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada, debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos é o principal obxectivo do programa "Non pasa nada, pasa algo?" que botou a andar esta semana no CPI A Xunqueira e no IES de Fene. Organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, coa colaboración dos Concellos de Neda e Mugardos (cos que está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas, financiado pola Consellería de Sanidade).

"Non pasa nada, pasa algo?" pretende informar á mocidade para axudar a entender as características xerais do fenómeno das adiccións con substancias e comportamentais (alcohol, cannabis e ludopatías), as súas implicacións na sociedade e os riscos que conlevan as adiccións, así como a axudar a desterrar prexuízos". A nivel familiar, o obxectivo do programa é "informar e apoiar ás familias dos menores, orientando en situacións de dificultade, mediante espazos familiares" e "promover nas familias dos menores en situación de risco, un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar con intervencións personalizadas".


Datas de realización:

CPI A Xunqueira: 4, 11, 18 de febreiro e 10 e 11 de marzo.
IES Fene: 24, 26 de febreiro e 18 e 20 de marzo.

Alumnado participante:

Nº de alumnado participante:117.
Nº de profesorado participante:13.
Nº de familias: 20.
TOTAL: 150

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal