Pautas de actuación para familias con menores en situación de risco, no ciclo Acompañar no reto de educar

Pautas de actuación para familias con menores en situación de risco, no ciclo Acompañar no reto de educar

Intoxicacións, adiccións ou autolisis, son algúns dos temas que se abordarán o vindeiro luns, 15 de abril, nunha nova sesión do programa de apoio ás familias e de prevención de condutas aditivas que organizan os Servizos Sociais de Fene a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura, de 18 a 20 horas, e vai dirixida a todos os públicos, Anpas, entidades sociais, familias e preadolescentes. Ao fronte da mesma estará María Canabal Regueira, enfermeira, técnica superior en Emerxencias no 061, instructora de formación sanitaria e rescatadora sanitaria no GERA Galicia. Inscricións (até completar o aforo) no seguinte enlace.

Ao longo da sesión abordaranse os seguintes aspectos:

• Que entendemos por drogas.
• Tipos de drogas, efectos e riscos.
• Como facer prevención no consumo de drogas en adolescentes.
• Actuación en caso de consumos.

Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.

A inscrición no servizo de conciliación:
• As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
• O plazo para inscribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.

As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas grupais. Nas sesións recolleránse todas as cuestións que se platexen e tratarase de dar resposta as mesmas.