Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

Aberta a inscrición para o taller que organizan os Servizos Sociais de Fene e a asociación Acadar

Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

No marco do programa Aciva-das que a Concellería de Benestar Social está a desenvolver coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, Acadar, Fene acollerá a partir do vindeiro 18 de abril un taller para abordar as “Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade”. A inscrición xa esta aberta e pode realizarse mediante chamada telefónica aos Servizos Sociais de Fene, tfno. 981 342 607, ou a ACADAR, tfno. 607 221 600.

A actividade desenvolverase ao longo de catro sesións, os xoves 18 e 25 de abril e 2 e 9 de maio de 2024, de 10 a 13 horas, na sala de Servicios Sociais, na Avda. do Mar, bloque 1, baixo, Fene. Nela trataranse aspectos como a comunicación, ás habilidades sociais, o autocoñecemento e o autoconcepto.

ACADAR, é unha entidade sen ánimo de lucro que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara á súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade