Fene participa no proxecto Reinicia IX

Fene participa no proxecto Reinicia IX

O Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, e Cabanas, impartirá entre o 19 de setembro de 2022 e 18 de setembro de 2023 dúas especialidades do obradoiro mixto de emprego e formación Reinicia IX, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. O programa inclúe 20 prazas e vai dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos que poderán formarse nalgunha das dúas especialidades formativo ocupacionais previstas: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (curso de nivel 2 que require estudos de ESO ou equivalente. 10 prazas) ou  traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (curso de nivel 1 que require estudos primarios. 10 prazas).

Para poder acceder a alguna das dúas formacións o primeiro requisito é estar inscrito/a no SPE con empadroamento nalgún dos catro concellos organizadores. A solicitude poderá realizarse de calquera das seguintes maneiras:

  • A través do servizo de orientación laboral, participando nun itinerario personalizado de inserción.
  • A través da oficina de emprego, pedindo cita previa na páxina: emprego.xunta.gal (opción de formación).
  • A través da Oficina Virtual de Emprego da Xunta de Galicia, emprego.xunta.gal (se na demanda de emprego da persoa solicitante consta un correo electrónico). Neste caso, á hora de solicitar a especialidade, haberá que realizar unha busca polos seguintes códigos: SSCS0208 – Especialidade de atención sociosanitaria ou MAMD0209 e MAMD0109 – Especialidades de carpintería

Para máis información:

Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue””, Praza do Alcalde Ramón José Souto González, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal