O Concello de Fene publica un documento con consellos para o acompañamento dixital das familias e entidades

O Concello de Fene publica un documento con consellos para o acompañamento dixital das familias e entidades

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública no que se enmarca, entre outros, o programa de  Formación en acompañamento dixital

Ao longo do ano realizaronse obradoiros dixitais con entidades sociais, persoas adultas e familias nos que se ofertaba un espazo formativo dinámico onde falar sobre as redes sociais e como adaptarnos á comunicación dixital coas novas realidades derivadas da pandemia; aprender a mellorar a nosa seguridade en internet (revisar termos de privacidade nas diferentes aplicacións que usamos a diario, crear contrasinais seguras, etc.). Tamén tratamos os conceptos de identidade e pegada dixital, para coñecer a información que ten internet sobre nós e que pegada deixan as nosas accións nas redes.

Todo isto abordouse tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan os usos das TRIC (Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación) e valorando o noso benestar dixital a través dos usos saudables e aqueles hábitos ou rutinas que nos poden estar a ocasionar certos riscos na nosa saúde ou seguridade.

Como complemento do traballo realizado se recollen no documento que se adxunta unha serie de recomendacións e recursos de interese que estará dispoñible na web e se fará chegar as entidades sociais, ANPAS, e centros escolares.

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Descargas