Construíndo diversidade

Construíndo diversidade

Con motivo da conmemoración do "Día das diversidades sexuais" o 28 de xuño de 2017, desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña estase a organizar unha campaña de sensibilización provincial baixo o lema "Construíndo diversidade", co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI. Participan nesta campaña 31 concellos da provincia da Coruña, entre os que se atopa o Concello de Fene

O día 26 realizarase unha presentación institucional e proxección do video promocional da campaña así como un acto conmemorativo que contará coa participación de diferentes entidades dos colectivos LGTBQI e tecido asociativo. Neste acto desenvolveranse dúas intervencións artísticas levadas a cabo por grupos locais (Sofia Espiñeira e Chotokoeu) e terá lugar o acendido da fachada principal do Pazo Provincial que permanecerá  ata o día 30 iluminada coas cores do arco da vella.

O propio día 28 de xuño tera lugar un acto de difusión da campaña na entrada do Pazo Provincial (entre as 8 e as 15h).

Descarga o programa aquí

Participa!



Ligazóns