O Concello centra a nova sesión de In Fene no Día Escolar da Non Violencia e a Paz

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello centra a nova sesión de In Fene no Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Crear un videoclip pola paz e xogos cooperativos centrados nesta son algunhas das propostas da nova sesión do programa In Fene que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebrará este venres no local da AVV de Perlío, a partires das 16,30 horas. Coincidindo coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, a xornada estará centrada en fomentar actitudes non violentas e de respecto nas relacións.
Para iso, o Concello de Fene invita a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos a participar e axudar a crear o videoclip pola paz, compoñendo algunha canción centrada neses valores ou ben, a partir dalgunha existente, facela propia. A sesión tamén incluirá a celebración de xogos cooperativos como o ping pong ou outros de mesa e, por último, a selección do logo do programa In Fene. Para iso, os asistentes terán que votar pola súa imaxe favorita entre as realizadas na sesión anterior ou aquelas que desexen aportar este venres. A elixida incluiráse no próximo carnet do programa que se lles entregará en próximas datas aos participantes.