Warning: Unexpected character in input: '' (ASCII=28) state=1 in /var/www/vhosts/fene.gal/httpdocs/portal-cidadan/ligazons_entre_nos.php on line 37 Redes sociais. Fene na rede - Entre nós · Concello de Fene
As contas oficiais de Twitter, Facebook, Youtube e Instragram do Concello de Fene están destinadas a dar información aos/ás usuarios/as destas redes sociais.
Agradecemos os comentarios e as achegas que a cidadanía desexe realizar. Propoñemos unhas normas básicas de participación:
Utiliza sempre unha linguaxe correcta e educada.
Respecta a privacidade dos demais.
O equipo de contidos resérvase o dereito para eliminar ou reportar actuacións abusivas por parte dos/as usuarios/as, así como a bloquear a aqueles que incorran en comportamentos tales como:
Expresións irrespetuosas, difamatorias ou abusivas.
Ligazóns a páxinas que conteñan contido daniño ou perigoso para outros usuarios.
SPAM ou publicidade doutras marcas, produtos ou servizos.
Datos persoais alleos ao autor/a do comentario.
Reiteracións ou comentarios repetidos.
Os comentarios publicados polos/as seguidores/as das nosas contas corresponden exclusivamente aos seus autores. Podes poñerte en contacto directo a través da Caixa de correos de atención comunicacion@fene.gal