A.V.V. Santa Eulalia de Limodre. S.D.R Limodre

A Sociedade Deportiva e Recreativa Limodre creóuse coa colaboración de varias parroquias veciñas como: San Xoán de Piñeiro, Caamouco e San Xoán do Porto; desta maneira todas elas poden disfrutar das instalacións de dita sociedade.

Unha das principais aspiracións de dita sociedade,será habilitar un campo,que poderá desempeñar a doble finalidade de deportes e festas , xa que Limodre carece de ambas instalacións. O seu emprazamento sería nunha das beiras da estrada que une Limodre con Maniños.

A nivel deportivo acadou os seguintes títulos:

  • Campión de Modestos.- Tempada 1964-1965
  • Campión da Ría.- Tempada 1968-1969
  • Campión de Modestos Concepción Arenal.- Tempada 1970
  • Campión Trofeo Concello de Fene.- Tempada 1971
  • Trofeo Federación Galega á Deportividade.- Tempada 1970-1971
  • Trofeo á Deportividade de Luis Otero.- Tempada 1970-1971
  • Trofeo á corrección Juan Fontela Leal.

Cómpre salientar que das súas filas saíron xogadores que militaron en categorías superiores, tal é o caso de Pedro Amado, xogador de Primeira División.

É importante reseñar, sen lugar a dúbidas, a Ramón Bello Rey –Moncho- que adicou un intenso e meritorio labor humano, económico e deportivo . Foi xogador, presidente e entrenador sendo un admirador dos seus xogadores, onde conxugaban a vida deportiva coa amizade.