Sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 02.06.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

 

Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 05.05.2022

Dación de conta das Resolucións da alcaldía números 615/2022, 638/2022, 658/2022, 666/2022, 690/2022 e 697/2022 de cambios no goberno municipal.

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 589/2022 á 746/2022

Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao primeiro trimestre do exercicio 2022

Dación e conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao primeiro trimestre do exercicio 2022

Aprobación se procede, da Proposta da alcaldía de exercicio de accións xudiciais fronte ao Concello de Ferrol polo estado de deterioro da tubaxe mestra da Avda. das Pías.

Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal núm. 4 reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través de beirarrúas, e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene contra a LGBTIfobia

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Socialista de Fene para a promoción e utilización da lingua de signos en actos municipais do Concello de Fene.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía da adenda ao convenio de colaboración entre o Concello de Fene e o Concello de Ares para o subministro de auga á parroquia de Caamouco, Lugares da Malata, Ixobre, Chao do Monte, Pallizo e a Solaina.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre a concesión de medida de graza de indulto a Xesús López Pintos.

Mocións urxentes

Rogos e preguntas