“De boas madeiras” é o título da mostra que abre o calendario de exposicións da Casa da Cultura de Fene neste 2022. O escultor ourensán Xosé Manuel Rodríguez “Moxom” está detrás desta colección na que se poderán ver até o vindeiro 31 de xaneiro un total de 16 obras de diversos tamaños. Primordialmente son “figuras femininas, con rostros e posturas naturais, con moita cor, lembrando os meus inicios no mundo do cómic”, afirma Moxom.