XXXIII Xuntanza de Gaiteiros

O sábado día 30 de outubro de 2021 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Entidade Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene celebrará a XXXIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.

Nesta XXXIII Xuntanza homenaxearemos a Os Viqueiras

A entrada é con invitación – 686 526 775 (poderanse retirar o mércores 27 de 12.30 a 13.30 e o xoves 28 de 19.30 a 21.00 horas na S.C.R.D Agarimo de Sillobre)