Exposición Bailando entre pinceles, de Novais

María Luísa Grandío, Novais, é pintora e membro das asociacións de artistas ARGA “Asociación Artística Plástica Gallega", SAF ”Asociación Artística Ferrolana", Liceo Europeo de las Artes, Pintores Destacados de Galicia, Asociación de Artistas da Coruña e AEPA "Asociación Española de Pintores y Escultores".

Realizou estudos de decoradora de interiores pola Escola Superior Pablo Picasso da Coruña. É graduada en "Artes e Arquitecto de Interiores. Arte Gallego Contemporáneo en la Naturaleza", pola UIMP, Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Ademais, ten realizado cursos de escaiola, vaciado, talla en madeira, de acuarela, óleo, pastel e técnicas de debuxo. E talleres de arte cos pintores Pacucha Segade, Mariano García Patiño e Manuel Romero.