Hora do Planeta está aberta á participación de todos e todas de múltiples maneiras. A primeira é apagando as luces e desconectando aparellos eléctricos entre as 20.30 e as 21.30h. deste sábado. Canda esta proposta principal -á que o Concello se sumará baixando os interruptores da iluminación da Casa da Cultura e da Casa do Concello- tamén hai a posibilidade de suscribir en liña os compromisos da organización conservacionista e compartir a campaña a través das redes sociais