Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 04.03.2021 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 07.01.2021, da sesión extraordinaria urxente do 02.02.2021 e da sesión ordinaria do 04.02.2021 2.Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 118/2021 á 232/2021

3. Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2020

4. Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2020

5. Dación de conta da aprobación da liquidación do exercicio 2020

6. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito 03/2021:suplemento de crédito e crédito extraordinario 01/2020

7. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 01/2021

8. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Popular en apoio da creación dun Fondo de Cooperación galego COVID-19

9. Aprobación, se procede, da Proposta de convenio de colaboración entre os Concellos de Fene, Cabanas e Ares para a xestión compartida do punto limpo de Vilar do Colo

10. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Popular en apoio da transferencia á Xunta de Galicia da xestión do dominio público marítimo terrestre 11. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do BNG en relación coa aprobación definitiva da Lei sobre a Transferencia da AP9 a Galiza no actual período de sesións, expediente 2021/X999/000164

12. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do PP para pedir a aplicación inmediata das bonificacións na AP-9, expediente 2021/X999/000212

13. Aprobación, se procede, da Proposta do Manifesto institucional 8 de marzo de 2021 14. Comparecencia da concelleira María de los Ángeles Coira López, para dar conta da súa contratación como formadora do Programa de Emprego Reinicia VII

15. Mocións urxentes

16. Rogos e preguntas