A Concellería de Cultura informa de que xa se poden adquirir a través da páxina de Ataquilla.com as entradas para asistir ao espectáculo “Circo de Lume”, de Asacocirco. Esta primeira función do ciclo Cultura no Camiño terá lugar este sábado ás 22 horas nas inmediacións do CPS de San Valentín (entre os bloques 11-12 do barrio fenés). As entradas son de balde ate completar aforo (80 localidades) pero cada persoa só poderá reservar un máximo de dous pases, rexistrando os datos das 2 persoas que acudirán ao espectáculo.