Inscricións programa Indira

O proxecto vai dirixido ás mulleres de Fene, maiores de idade, con ganas de crecer emocionalmente, de compartir e de crear espazos de “SORORIDADE” (solidariedade entre mulleres), de empoderarse, de coñecerse e coidarse tanto mental, física como emocionalmente.

O programa desenvolverase durante os meses de outubro a decembro de 2026, dende o 7 de outubro ata o 16 de decembro de 2026. Unha sesión semanal de 2 horas de duración que se realizarán os mércores de 10:00h a 12:00h da mañá no Centro Municipal de Servizos Sociais, sito na Av. do Mar, Bloque 1 – Baixo de San Valentín.

As mulleres interesadas poden anotarse no Servizo Municipal de Atención á Muller sito en Avda. Do Mar, Bloque 1, Baixo, San Valentín, Fene.

O prazo para anotarse permanecerá aberto entre o 21 de setembro e o 2 de outubro e a selección das participantes farase segundo rigoroso orde de inscrición, até completar un total de 20 mulleres.

Actividade sen custe para as mulleres participantes.