Xornadas Cultura para todas

Aberto o prazo de inscrición para participar nos encontros sobre accesibilidade cultural que a Área de Cultura da Deputación da Coruña organiza neste mes de setembro en catro concellos da provincia: Fene, Muros, Ordes e Arzúa. A cita en Fene será o martes 29 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas, na Casa da Cultura e, baixo un enfoque práctico e útil, terá como obxectivo “coñecer medidas concretas, reais e posibles de accesibilidade na nosa acción cultural”. Para anotarse, cómpre enviar un correo electrónico ao Departamento de Cultura do Concello de Fene, indicando: nome e apelidos, correo electrónico, código postal e área profesional.