Presentación Gran Premio de La Bañeza 2026

O Club Barallobre Classic celebrará este sábado, a partir das 20.30 horas, un encontro aberto a afeccionadas, colaboradoras e persoas vencelladas ao motociclismo para presentar o seu proxecto deportivo de cara ao Gran Premio de Velocidade Cidade de La Bañeza 2026, unha das probas máis prestixiosas do motociclismo clásico estatal.

O acto terá lugar no restaurante A Pomba e servirá para facer balance da tempada, dar a coñecer os obxectivos do equipo para o vindeiro ano e compartir coa afección os próximos retos deportivos dunha entidade que leva anos representando con orgullo o nome de Barallobre e de Fene nos principais circuítos de velocidade.


A xornada incluirá unha churrascada popular, cun prezo de 12 euros por persoa. As persoas
interesadas en participar deberán reservar praza chamando ao teléfono 699 252 677. Ademais,
durante a velada realizaranse diferentes sorteos entre as persoas asistentes, entre eles o dun
casco tipo jet, así como outros agasallos relacionados co mundo do motociclismo.