O Concello de Fene suma ao PERLA MURAL FEST que se celebra estes días en Perlío o espectáculo de rúa e acrobacias Hoxe si!, de Sempre Arriba, con entrada libre e de balde.
 
A función, organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña (Rede Cultural) e a Asociación Perla Mural Fest, terá lugar este mércores 24 de xuño, ás 20.30 horas, na pista municipal de Centieiras.
 
Chega a Fene Hoxe si!, da compañía Sempre Arriba, premio Manu Lago ao mellor espectáculo de rúa de 2025. Nesta función “temos un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire. Temos música, os temazos e temones da nosa vida, temos circo, un micro, temos ganas e moita actitude”.
 
Hoxe Si! É unha invitación a xogar, a disfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor.