Máis movemento, máis vida

ℹ️🏃‍♀ A Andaina programada para este domingo, 12 de abril, con motivo do Día Mundial da Actividade Física, TRASLÁDASE ao interior do pavillón da Xunqueira (San Valentín) debido ás malas previsións meteorolóxicas. Todas as actividades previstas pola Concellería de Deportes e pola Asociación Aspaneps Fene organizaranse polo tanto a cuberto e comezarán ás 12:00 horas.
 
A xornada incluirá unha sesión de exercizos abertos a todas as persoas participantes, a inauguración da exposición informativa itinerante con paneis sobre actividade física e saúde e unha actuación de cantos de taberna a cargo da agrupación fenesa "Son d cantos". Ademais, os/as asistentes poderán mercar distintos produtos elaborados a man por usuarios/as de Aspaneps Fene.
 
Segundo informa a Concellería de Deportes, as persoas participantes na actividade deste domingo serán agasalladas cunha pulseira tipo lazo creada tamén por Aspaneps Fene co lema do Día Mundial da Actividade Física deste ano 2026 : Máis movemento, mais vida !