Data de inicio: 01-04-2026 . Data de fin: 29-04-2026
A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura acollerá do 1 ao 29 de abril a exposición "Gritos en el silencio", resultado das múltiples viaxes do fotógrafo Lucas Blanco, verdadeiras experiencias de vida nas que coa súa cámara da voz, capta, denuncia e amosa a inxustiza e as duras realidades noutros lugares do mundo; a vida nos campamentos de refuxiados saharauis, en Arxelia; nos campamentos de refuxiados sirios, no Líbano; nas escolas andinas Jatari Unancha, de Ecuador; no proxecto de ecodesarrollo Gaia, en Senegal; e nas chabolas de Bombai e Calcuta; así como na Fundación Vicente Ferrer, da India.
O autor ofrece a colexios (alumnado maior de 12 anos) ou asociacions interesadas a posibilidade de realizar una visita guiada, para o que podedes contactar enviando un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal.
A mostra poderá visitarse nos seguintes horarios:
Horario especial Semana Santa
Sábado 28 e o domingo 29 de marzo _ PECHADO
Do luns 30 ao mércores 1 de abril (ao igual que o luns 6 de abril) _ De 10:00 a 14:15 horas
Do xoves 2 ao domingo 5 de abril_ PECHADO
A partir do martes 7 reanudarase o horario habitual da Casa da Cultura:
De luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
