A caixa sen pandora de Ghazafelhos Teatratro na biblioteca municipal

Agardámosvos o día 27, para celebrar connosco o #DíaDoLibro ! 👇

"A caixa sen pandora" | Ghazafelhos Teatro: espectáculo recomendado para familias con crianzas a partir de 5 anos.

Historia interpretada por Montse Piñón e Pepablo Patinho que plantexa: que pasaría se Pandora non abrira a caixa?
Entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade. É este un repaso divertido das distintas mulleres universais en xeral e galegas en particular que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade.
E en resumo, quereremos nós abrir a nosa propia caixa?

🗓 Xoves 27 de abril, ás 18:00 h
🏫 Biblioteca Pública Municipal Xosemaría Pérez Parallé
✅Entrada con inscrición preciva ata completar aforo.
✅As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas.