Pepiña Maruxiña quere voar

 Xoves 15 de decembro, ás 18 horas, na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé. Actuación de Barafunda Teatro con “Pepiña Maruxiña quere voar”.

Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Pólo camiño coñecerá diferentes animais que axudarán a cumprir os deus desexos de voar. O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlle as xoaniñas para protexelas.
Mistura a música e diferentes elementos como globos, espuma...

Actividade de balde, con aforo limitado e reserva previa na Biblioteca PM “Xosemaría Pérez Parallé” presencialmente ou no teléfono 981 342 302, do 7 ao 14 de decembro.
Dirixido a nenos e nenas de 0 a 4 anos.
Duración aprox.: 40 minutos