Os estudantes de 2º da ESO percorreron as instalacións e visitaron a exposición “Premios Curuxa 2019”, aberta ao público ata o 16 de novembro

Visita do alumnado do CPI Cruz do Sar de Bergondo ao Museo do Humor de Fene

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

Alumnos e alumnas de segundo curso da ESO do CPI Cruz do Sar de Bergondo desprazáronse a semana pasada a Fene para participar nunha visita guiada ao Museo do Humor e achegarse á exposición Premios Curuxa 2019. A iniciativa enmarcouse no programa de visitas guiadas que ofrece o Concello de Fene para grupos escolares, asociacións ou colectivos.

Estas visitas poden tamén complementarse con algunha proxección audiovisual e/ou taller. A duración das mesmas varía en función da idade dos/as participantes e prográmanse de luns a venres en horario de mañá. Son gratuítas e, para reservar unha visita guiada ao Museo do Humor de Fene, cómpre chamar ao teléfono 981 342 400 (de luns a venres en horario de mañá) ou enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@fenecidadan.gal ou museodohumor@gmail.com.