Exposición en rede dos traballos presentados aos Premios Curuxa

Museo do Humor   Dixomedíxomes  

O Museo do Humor fenés acollerá ata o vindeiro 16 de novembro a mostra “Premios Curuxa”, que o Concello tamén pon a disposición do público a través da súa páxina web

Título: A donde carallo imos?

Autor: Pedro Saura Calahorro

 

O público pode visitar, por partida doble, a exposición “Premios Curuxa 2019”. Ben presencialmente, no Museo do Humor de Fene, ben a través da rede, na web do propio museo. No primeiro caso, a mostra estará a disposición da cidadanía ata o vindeiro 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. No segundo, é tan sinxelo como clickar no seguinte enlace

Os galardóns desta XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene recaeron en Asier Sanz Nieto (1º premio Curuxa Gráfica categoría para maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo (1º premio Curuxa Nova de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores eran merecedoras do segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente. Os seus traballos, xunto a unha selección dos presentados, poden visitarse no Museo do Humor.

A exposición consta de 45 debuxos. Amais dos traballos galardoados, amósase o debuxo finalista do certame, “Vigo Crismas Trí”, asinado por Joaquín Aldeguer López e David García Vivancos. Completan a exposición, na categoría Curuxa, obras de: Sara Jornet, José Rubio Malagón, Juan José Barro Canedo, Antonio Amado Lorenzo, Sergio Ballester Redondo, Manuel Arriaga de León, Eduardo Pérez Baamonde, José Luis López Sánchez, José Mansilla Barreiro, Juan Jesús Sánchez Torres, María José González Cortizas, Juli Sanchís Aguado, Rodrigo Mattioli, David Vela Cervera, Alberto Cardona Valcárcel, Celia Rodríguez Marín, Félix González Fernández, Rafael Costarrosa Romero (“Kosta”), María Alcañiz Lorenzo, Pedro Saura Calahorro, Gonzalo Muñoz García, Hugo Covelo e Nico Campos, Goizane Herrera, Eduardo Manuel Gea Martínez, María Álvarez Hortas, Raúl Salguero Llorens, Ainhoa Rodríguez García de Cortázar, Joan Subirana Queralt, Alejandro Almau Taboada, Alejandro Viñuela Agra (“Jano”) e César Ordóñez Mirón. E da categoría Curuxa Nova, as obras que se incluíron na exposición foron as de: Andrés Simal, Lucía Durán Carpintero, Juan Camilo Pino Garcés, Pedro Bouza Bernárdez, Miguel Bouzas Rodríguez, Marcelo Míguez Torres, Francisco Carmena Sánchez, Álvaro Xoan Vidal Pazos e Cristian Fojón Caruncho.

Así mesmo, o conxunto dos presentados está tamén na web do Museo.