Novas

18-06-2018 -

Volve o atletismo a Barallobre

Un dos obxectivos do Clube Atletismo Fene desde a súa fundación foi o de recuperar as antigas pistas de atletismo de Barallobre. É por elo que a directiva do noso clube se mostra especialmente agradecida ao Concello de Fene por atender as nosas demandas.
18-06-2018 -

O alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene amosa o seu talento creativo na mostra “Pequenas crianzas coa arte”

Os nenos e nenas da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene son uns auténticos artistas e, a partir de mañá martes, 19 de xuño, a veciñanza poderá comprobalo na Casa da Cultura do municipio.
 
18-06-2018 -

O Concello organiza un Campamento Lúdico Deportivo para nenos e nenas de 4 a 12 anos

A Concellería de Deportes abriu hoxe o prazo de inscrición no Campamento Lúdico Deportivo dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. O concelleiro de área, Xoán Manuel Bastida, explicou que se celebrará no CMI Unidade de Fene de luns a venres de 10,30 a 14 horas do 1 ó 14 de agosto e, as familias interesadas en anotar ós seus fillos e fillas, poden facelo ata o 27 de xullo no departamento municipal de Cultura e Deportes (Avda Naturais, 44 entrechán de 8,30 a 14 horas).
18-06-2018 -

O alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene amosa o seu talento creativo na mostra “Pequenas crianzas coa arte”

Os nenos e nenas da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene son uns auténticos artistas e, a partir de mañá martes, 19 de xuño, a veciñanza poderá comprobalo na Casa da Cultura do municipio. Alí, e ata o 29 de xuño, poderá visitarse a mostra “Pequenas Crianzas coa Arte”. Unha recopilación de cadros, esculturas e siluetas de tamaño real dos propios nenos e nenas. O horario de apertura da sala de exposicións será de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres e, os sábados, de 10 a 13 horas.
15-06-2018 -

O Concello de Fene abre a inscrición nos cursos de verán de atletismo, tenis e kaiak

O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informou esta mañá de que o próximo luns, 18 de xuño, abrirase o prazo de inscrición nos cursos deportivos de verán do Concello de Fene. Cursos de atletismo, tenis e kaiak. En todos os casos, deberá formalizarse no departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais 44 entrechán) de 8,30 a 14 horas e o prazo remata o 5 de xullo.
15-06-2018 -

Fene convida a veciños e visitantes á gran festa do comercio, a Fashion Night

Grandes descontos, degustacións, desfiles a pé de rúa, actuacións musicais e unha ambientación única son os grandes reclamos da cita fenesa Organizada pola Concellería de Promoción Económica, conta coa colaboración da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro
15-06-2018 -

O Concello autoriza as pantallas de televisión nas terrazas da hostalería durante o Mundial

Os establecementos de hostalería de Fene que dispoñan de licenza para a instalación de terrazas poden, dende hoxe e ata o vindeiro 15 de xullo, habilitar nestes espazos aparellos de imaxe e son. Isto é, pantallas de televisión. O alcalde, Gumersindo Galego, informou de que vén de asinar un bando municipal que autoriza expresamente esta medida e, así, os locais quedan eximidos do cumprimento do artigo 4.1 da ordenanza reguladora de terrazas que contempla a prohibición. Unha prohibición adoptada no seu día para cumprir coa normativa autonómica en materia de ruidos.
14-06-2018 -

Exhibición de Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará mañá venres, 15 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os nenos e rapaces que, ó longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.
14-06-2018 -

Bicos Gastrobar, Cafetería Bombay, Pachamamá e Vichelocrego, gañadores do XI Certame de Tapas de Fene

O alcalde, Gumersindo Galego, e o edil de Promoción Económica, César Castro, entregaron onte á tarde os galardóns ós establecementos premiados Bicos triunfou no apartado de mellor tapa creativa cos seus Tigres de batea e Bombay fíxoo no de mellor tapa tradicional con Carne con ameixas
14-06-2018 -

O Concello de Fene organiza o Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos

O pavillón polideportivo da Xunqueira acollerá o V Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” para nenas e rapazas maiores de 6 anos. Celebrarase do 9 ó 13 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas. Nesta liña, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, avanzou que as participantes recibirán a visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino, que compartirán horas e experiencias coas rapazas do campus.