A biblioteca municipal de Fene informa da posta en marcha da nova aplicación da Rede de Bibliotecas de Galicia

A biblioteca municipal de Fene informa da posta en marcha da nova aplicación da Rede de Bibliotecas de Galicia

Os/as usuarios/as da biblioteca municipal de Fene ou de calquera dos centros da Rede de Bibliotecas de Galicia xa poden descargar a nova app que permite levar no móbil o carné dixital da biblioteca co cal, a partir de agora, xa non é preciso presentar a tarxeta física para facer préstamos, renovacións ou empregar calquera servizo destes centros. De todos os xeitos, as persoas que desexen seguir empregando o carné físico, poderán facelo.

Para descargar a app da Rede de Bibliotecas de Galicia cómpre ter primeiro un carné de calquera das bibliotecas que forman esta rede. Unha vez descargada a aplicación desde Google Play ou App Store, o/a usuario obterá un código de barras que sustitúe á tarxeta física (aínda que esta podera seguir empregándose).
Ademais, a través da nova app da Rede de Bibliotecas, os/as usuarios teñen acceso directo ao catálogo de libros en galego (máis de 2000 títulos, entre libros e audiovisuais), podendo realizar buscas directas por palabra clave ou aplicando distintos filtros (categoría, xénero, lingua, autor, etc.). En cada título atoparán os detalles do libro, así como unha descrición do mesmo. Unha vez escollida a obra, poderán marcala como favorita, compartila, acceder á vista previa ou efectuar directamente o préstamo. Tamén poderán consultarse na aplicación os libros en préstamos, os que se marcaron como favoritos ou ver o historial de libros lidos.

Desde a Biblioteca Municipal de Fene lembran que cada usuario/a pode ter tres libros e dúas películas simultáneamente en préstamo. O prazo de dito préstamo é de 21 días, no caso dos libros, e de 48 horas para as películas.

Máis información:
Tlf.: 981 342302 (de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas, en período escolar)
fene.rbgalicia@eidolocal.es