XXXVII edición do Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría

XXXVII edición do Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría

Organizado conxuntamente polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, disputarase o 3 de decembro

O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Narón, Neda e Fene, organiza a XXXVII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. 

A saída e a chegada terán  lugar na Estrada de Castela, nas inmediacións da praza de España de Ferrol.

O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.000 metros aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Ferrol. ( nese orde).

A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.

Inscrición

Poderanse realizar inscricións ata o mércores 29 de novembro de 2023 ás  23:59 horas

Recollida de dorsais

Venres 1 de decembro de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no Complexo Polideportivo Municipal da Malata.

Sábado 2 de decembro de 10:00 a 13:30 no Complexo Polideportivo Municipal da Malata e de 16:00 a 20:30 horas na Praza de España. (oficina de Turismo)

Domingo 3  de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas na Praza de España do Concello de Ferrol. (oficina de Turismo)

Ligazóns