Deporte

Novas

  • Máis de 260 judokas tomarán parte na xornada “Xogajudo” este sábado en Fene

    O pavillón polideportivo de A Xunqueira acollerá este sábado 16 de febreiro a xornada “Xogajudo” da zona Lugo e Ferrol. A cita arrancará ás 11 horas e prolongarase ata as 13 e, nela, prevese a participación de 263 judokas. O campeonato está patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a organización corre por conta da Federación Galega de Judo, coa colaboración do Concello de Fene.

  • Fene acollerá o domingo o Campionato de Galicia Máster individual e por equipos de Campo a Través con preto de 400 atletas inscritos

    Fene acollerá este domingo 10 de febreiro a XXXIII edición do Campionato de Galicia Máster de Campo a Través. Esta mañá, o alcalde, Gumersindo Galego; o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o delegado en Ferrol da Federación, Paulino Cartelle, presentaban oficialmente a cita deportiva, na que tomarán parte preto de 400 atletas galegos, medallistas moitos deles en competicións europeas e incluso mundiais.

  • O Concello de Fene abre a inscrición na Escola de Natación postparto

    O Concello de Fene comezará a ofertar en febreiro a "Escola de natación postparto", que se realizará xunto coa “Escola de natación para embarazadas" que xa se vén realizando dende hai un tempo. As interesadas en participar en calquera destas actividades poderán formalizar a súa inscrición nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira (en San Valentín) de luns a venres de 9 a 13,30 e os mércores en horario de tarde, de 16,30 a 19 horas.
    A escola de natación para embarazadas é un programa de exercicios acuáticos orientado a evitar un sobrepeso innecesario, a preparar os músculos para o parto e a lograr un estado de relaxación e benestar durante a etapa de xestación. Ademais, a preparación física previa ao parto supón unha mellor e máis rápida recuperación despois do embarazo, que se pode potenciar coa natación postparto.

Ver máis