Airiños de Fene homenaxea este sábado a Pancho Álvarez na súa tradicional Xuntanza de Gaiteiros

Airiños de Fene homenaxea este sábado a Pancho Álvarez na súa tradicional Xuntanza de Gaiteiros

Airiños de Fene homenaxea este sábado a Pancho Álvarez na súa tradicional Xuntanza de Gaiteiros

A Sociedade Agarimo de Sillobre acolle este sábado, 11 de novembro, ás 20.00 horas a XXXV Xuntanza de Gaiteiros/as, actividade que Airiños de Fene organiza todos os anos desde 1988. Neste encontro, amais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional. Na Xuntanza deste ano, a banda de gaitas fenesa homenaxeará a Pancho Álvarez.

Pancho Álvarez é un dos músicos de música tradicional máis importantes do noso país. Formou parte de Na Lúa durante 15 anos, do grupo Matocongrio (con Carlos Núñez, Anxo Pintos, Santi Cribeiro..) durante varios anos e desde 1995 acompañou e acompaña a Carlos Nuñez, tanto nos seus discos como nas súas xiras e concertos. Tamén ten unha importante traxectoria en solitario con varios traballos discográficos e numerosos concertos.

Nesta XXXV Xuntanza de Gaiteiros contarase coa participación dos grupos de cantareiras “Xerfa”, e “Xirifeiras”, Gutier e Javier Álvarez, Alvaro Iglesias e Xosé Liz, Fexlix e Castor Castro, Begoña Riobo e Anxo Pintos, Airiños de Fene e Pancho Álvarez. Presentarán a Xuntanza Quique Paz Antón e Antón Rodríguez.