Aprobada a concesión das subvencións a entidades sen fins de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, do exercicio de 2023.

Aprobada a concesión das subvencións a entidades sen fins de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, do exercicio de 2023.

O importe total das subvencións ascende a 105.800 € e beneficiáronse un total de 31 sociedades

Campo Fútbol Maniños

Se no pasado mes de outubre asináronse os convenios das subvencións Nominativas para entidades Culturais e Deportivas do Concello de Fene, neste mes de novembro, o Concello de Fene ven de aprobar a concesión das subvencións a entidades sen fins de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, do exercicio de 2023.

Isto é o resultado da prioridades políticas do Concello de Fene: fomentar a participación da cidadanía como xeito de contribuír á democratización da sociedade e impulsar a extensión do uso social do galego, contribuíndo á normalización do seu uso en todos os ámbitos; e dende esta perspectiva, o apoio ao movemento asociativo no seu normal funcionamento e no desenvolvemento das actividades que lle son propias, constitúe un dos piares da actuación municipal. 

Coa aprobación das bases que rexeron esta convocatoria de concorrencia competitiva, publicadas no BOP do 14.09.2023, establecéronse os criterios e o procedemento para canalizar o citado apoio mediante a concesión de subvencións municipais destinadas a prestar servizos e realizar as actividades que complementen ou suplan aos atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza de Fene, subvencións que se outorgan en base aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade.


Rematado o prazo de presentación de solicitudes e emitido pola Comisión Avaliadora o preceptivo informe-proposta, a Xunta de Goberno Local, en xuntanza que tivo lugar o pasado xoves día 2 de novembro, aprobou a concesión de subvencións ás 31 entidades que se acolleron a esta convocatoria. Consonte aos criterios de baremación establecidos nas Bases, os 105.800 € consignados distribuíronse do seguinte xeito:

• 6.000 €, entre as 5 ANPAS
• 44.800 €, entre as 12 entidades culturais e veciñais.
• 55.000 €, entre as 14 entidades deportivas solicitantes.

As sociedades beneficiarias destas subvencións teñen de prazo até 17 de novembro para achegar, a través da sede electrónica municipal, a documentación xustificativa do cumprimento do obxecto da subvención.