O Concello de Fene únese ao fondo pesar polo falecemento de Andrés Picallo
16-08-2022
O Concello de Fene únese ao fondo pesar e tristura polo falecemento de Andrés Picallo, e traslada o seu máis sentido pésame á familia e amizades.
En verbas de Ramón Loureiro, "figura fundamental, e irrepetible, no ámbito da defensa e recuperación da cultura popular de Galicia, así como un entusiasta impulsor da celebración do Día das Letras Galegas", unha persoa á que no Concello de Fene lle estaremos sempre agradecidos e agradecidas.