XIX Festival de Panxoliñas este domingo na Igrexa Grande de Maniños

XIX Festival de Panxoliñas este domingo na Igrexa Grande de Maniños

Dará comezo ás 20 horas, con entrada libre ata completar aforo

A Igrexa Grande de Maniños acollerá este domingo 29 de decembro o XIX Festival de Panxoliñas. Unha cita prevista inicialmente para a pasada fin de semana, pero que foi aprazada por mor da alerta vermella. Así, retomarase este domingo a partir das 20 horas, coa participación do Tradicoro, Rondalla Estrelecer, Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica de San Valentín, e Coral Polifónica O Pote de Maniños.