Os Reis Magos buscan paxes en Fene

Os Reis Magos buscan paxes en Fene

O Concello convida ós nenos e nenas de 6 a 12 anos a participar na Cabalgata que se celebrará o 5 de xaneiro no municipio

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente están a reclutar paxes reais en Fene para que os acompañen no seu percorrido polo municipio. Así, convidan a todos os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos a participar na Cabalgata que organiza o Concello, a través da Concellería de Cultura.

Para iso, deben anotarse no Rexistro Xeral da casa consistorial e o prazo remata o 4 de xaneiro ás 12 horas.

A Cabalgata de Reis celebrarase o sábado 5 de xaneiro. Partirá ás 18 horas de Perlío (fronte Aguilar) para percorrer a Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida de Naturais rematando na Praza do Concello onde o alcalde dará a benvida ás Súas Maxestades de Oriente. De seguido, terá lugar unha Festa infantil na carpa situada na Praza do Concello.