A Banda da Loba presenta este venres en Fene o seu espectáculo “Bailando nas rúas”

A Banda da Loba presenta este venres en Fene o seu espectáculo “Bailando nas rúas”

A actividade organizada pola Concellería de Cultura celebrarase no local da SCRD O Pote a partir das 20,30 horas con entrada libre

A Banda da Loba chega mañá venres a Fene co seu espectáculo “Bailando nas rúas”. Actuará no local da SCRD O Pote a partir das 20,30 horas nun concerto organizado pola Concellería de Cultura de Fene que dirixe Rocío Bértoa. A Banda da Loba é unha formación integrada por cinco mulleres -Andrea Porto, Inés Mirás, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Xiana Lastra- que decidiron unir as súas voces nun proxecto común.

Este grupo salienta pola creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como na musicalización de poemas célebres e outros textos de autoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Unha actividade incluída na Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.