Novos horarios na Casa da Cultura

Novos horarios na Casa da Cultura

O Concello informa da ampliación dos horarios a partir deste mércores


O Concello de Fene informou esta mañá da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporaisa partir deste mércores, 12 de setembro.

Así, e coincidindo co inicio do novo curso escolar, a Biblioteca pasará a abrir as súas portas de luns a venres de 16 a 21 h e os sábados de 10 a 13 h; o Museo do Humor, a aula de estudo e a sala de exposicións faranno de luns a venres de 10 a 13 h e de 16 a 21 h, namentras que os sábados abrirase de 10 a 13 h.


Por último, sinalar que o horario de inverno prolongarase durante todo o curso escolar 2018/19 agás periodos de vacacións escolares (Nadal, Entroido e Semana Santa), nos que o horario será de luns a venres de 10 a 14,15 h