O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio con Pakolas en concerto

O Concello de Fene inaugura a programación cultural de maio con Pakolas en concerto

Trátase dunha proposta pensada especialmente para o público infantil que dará comezo este mércores ás 18 horas na Casa da Cultura con entrada libre

“Pakolas” é Paco Cerdeira, autor, compositor, músico e tamén produtor de música. Con longa traxectoria profesional e pasando por grupos como Mamá Cabra, do que formou parte durante unha década, traerá a Fene un proxecto individual moi persoal para o público máis pequeno. O artista guiaraos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e guitarra.

A actuación inclúese no programa “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia.