Convocatoria de axudas para comparsas Entroido 2017

Convocatoria de axudas para comparsas Entroido 2017

Bases que rexerán o funcionamento do desfile e a asignación de subvencións para incentivar a participación de comparsas. O Concello habilitou unha partida de 6.500 euros que se distribuirán entre todas as comparsas participantes, xa sexan pertencentes a entidades legalmente constituídas ou grupos ocasionais.

Este ano varíase minimamente o xeito de repartir a contía co obxectivo de que sexa máis equitativo e de que se cubra toda a partida. Así, as bases establecen que 2.000 euros se destinen ás agrupacións adultas de Fene, distribuidos a partes iguais e cun máximo de 500 euros por comparsa. Outros  500 euros tamén a partes iguais están reservados para as comparsas infantís. Por último repartiranse 4.000 euros a partes iguais entre todas as comparsas de persoas adultas, incluídas as de Fene. Se non se distribuisen as contías totais das dúas primeiras partidas, o remanente xerado repartiríase a partes iguais entre todas as comparsas adultas inscritas. 

Segundo as bases publicadas, as comparsas deberán ter en todos os casos un número superior ás 15 persoas. Entenderase por comparsa adulta a formada por persoas maiores de 16 anos. Para ter a consideración de “comparsa de Fene” alomenos o 50% dos compoñentes deberán ser veciños ou veciñas do municipio. No caso das comparsas infantís non hai esa precisión e só se lles esixe que estean formadas por alomenos 15 compoñentes menores de 16 anos máis as persoas adultas que vaian de acompañantes.

Tanto as comparsas pertencentes a entidades socioculturais como as formadas como grupo ocasional deberán inscribirse previamente presentando no rexistro municipal o correspondente formulario de solicitude e toda a documentación complementaria esixida nas bases. O prazo finaliza ás 14.00h. do mércores 22 de febreiro. 

Nas bases tamén se definen outros aspectos como as ordes de participación, os criterios para poder actuar no palco ou a composición da comisión avaliadora que comprobará o seu cumprimento.

Descargas