02-03-2021

Exposición de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

A exposición de pintura de Julia Pita amosarase do 2 ao 30 de marzo na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene, A Coruña). Horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Durante a Semana Santa -dias 28, 29 e 30 de marzo- o horario da sala de exposicións será, unicamente, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

26-03-2021

Doazón de sangue

O venres 26 de marzo de 15.30 a 21.00 horas e o sábado 27 de marzo de 10.00 h a 15.00 h a Unidade Móvil do Centro de Transfusións de Sangue de Galicia estará diante do Centro de Saúde de Fene. Participa!

27-03-2021

Hora do planeta

Fene volve sumarse este sábado á iniciativa global "A Hora do Planeta" promovida pola WWF como xesto a prol da concienciación ambiental. Entre as 20.30 e as 21.30h. apagarase a iluminación pública da Casa da Cultura-Museo do Humor e tamén a da Casa do Concello. Desde a Concellaría de Medio Ambiente convídase, ademais, a que toda a veciñanza secunde a proposta apagando as luces da casa e desconectando aparellos eléctricos que non sexan imprescindibles.