A oficina de turismo abre as súas portas

Inicio   Fene hoxe  

Dende onte e até o 9 de outubro a oficina de turismo de Fene, coa axuda da Deputación da Couña, atenderá a visitantes e veciñanza, en horario de mañá e tarde.

A oficina emprazada na Avenida Naturais abrirá no seguinte horario: 8.30 a 14.00h polas mañás e de 15.30 a 17.00h. polas tardes, de luns a venres.

Será unha técnica especializada, quen atenderá as consultas -ademais de desenvolver outros proxectos municipais relacionados con este ámbito- durante catro meses.

Proxectos como o do pasado día 10 de xuño no  Concello de Abegondo co gallo da celebración da Primavera no Camiño Inglés no que o Concello de Fene estivo presente cun stand informativo e coa actuación  da Banda Xuvenil de Airiños de Fene.