Novas

20-12-2016

O Grupo Bazán mostra na Casa da Cultura de Fene a súa visión de Ferrol e os seus arredores

Ata 40 instantáneas de 20 fotógrafos e fotógrafas compoñen a exposición “Objetivo Ferrol 2.0” que se poderá visitar na Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 14 de xaneiro.
19-12-2016

Teatro, contos, música e maxia na conta atrás para o Nadal

O Concello de Fene ten preparados unha chea de eventos para todas as idades dentro da programación do Nadal que a partir de hoxe colle un ritmo case diario.
15-12-2016

Este venres abre o prazo para solicitar a participación na cabalgata de Reis

Desde o 16 até o 26 de decembro estará aberto o prazo para inscribir nenos e nenas na Cabalgata 2017 que percorrerá as rúas do centro urbano de Fene na tardiña do 5 de xaneiro.
12-12-2016

O Apalpador adianta a súa chegada para visitar os colexios de Fene

O mítico carboeiro da serra do Courel anda xa pola comarca para apalpar as barrigas dos nenos e nenas, desexarlles un ano venturoso e, se cadra, deixarlles unha presada de castañas ou algún agasallo.
09-12-2016

O baile inaugura este sábado a programación de Nadal

O Pavillón Municipal da Xunqueira acollerá mañá, partir das 16.30 horas, a VI Exhibición solidaria de baile moderno e bailes de salón, na que participarán 11 agrupacións da comarca. O evento está organizado polo Concello de Fene e maila asociación xuvenil Fene Movemento, coa colaboración da floraría Loto. Nel reuniranse máis de 400 deportistas que mostrarán a súa arte cunha finalidade solidaria. Se ben a entrada é gratuíta, desde o Concello solicítase que o público asistente achegue alimentos cun longo periodo de conservación -cereais, pastas, arroces, conservas, etc.- cos que despois se farán lotes para distribuílos entre as familias do municipio con menos recursos.
07-12-2016

Novas reportaxes gráficas na web do centenario das escolas de emigrantes

Xa está dispoñible, na sección de novas, o vídeo coa xornada de recreación do "Fene indiano" que se desenvolveu nos CEIP(s) Centieiras, Os Casais, O Ramo; CPR Jorge Juan; CPI a Xunqueira e IES de Fene o pasado 18 de novembro e na que participou o grupo de teatro do CMI Unidade de Fene.
18-11-2016

Os centros de ensino de Fene recrean o pasado indiano

Escolares e profesorado vestiron esta mañá á moda emigrante para abrir os actos do centenario das escolas indianas.
14-11-2016

Fene honra con varios eventos o legado educativo dos indianos

O Concello de Fene iniciará o próximo venres os actos conmemorativos do centenario das escolas de instrución dos “Naturales de Fene”, co que se pretende recuperar unha importante parte da memoria histórica local xurdida arredor das escolas fundadas pola emigración de principios do século XX.
19-10-2016

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988.
31-08-2016

III Festa Mariñeira de Fene

O sábado 3 de setembro o Concello de Fene, en colaboración coas sociedades, organiza a III Festa Mariñeira nos Peirao de Barallobre.