Fene súmase á campaña Apaga a luz e dalle unha hora ao planeta

Fene súmase á campaña Apaga a luz e dalle unha hora ao planeta

A hora do planeta é unha campaña global que brinda ás persoas, entidades e gobernos de todo o mundo a oportunidade de amosar a súa preocupación pola degradación ambiental do planeta (quentamento global, desaparición de especies, contaminación, etc.) e a necesidade de actuar. E un ano máis, o Concello de Fene, a través da Concellería de Medio Ambiente apoia esta iniciativa que a WWF, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vén organizando dende hai varios anos.

O Goberno Municipal de Fene anima á veciñanza a participar nesta campaña, apagando as luces das súas vivendas, o sábado 23 de marzo, dende as 20:30 ata as 21:30 horas. Con este pequeno e, á vez, moi positivo xesto “amosamos o noso compromiso pola natureza e polo clima”.