AJE Ferrolterra trae a súa xornada de Networking a Vilar do Colo

AJE Ferrolterra trae a súa xornada de Networking a Vilar do Colo

Celebrarase este martes no Centro de Negocios, con inscrición previa

O Centro de Negocios de Vilar do Colo en Fene (rúa Catavento, s/n) acollerá este martes 19 de novembro a xa tradicional xornada de Networking da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra co obxectivo de crear novas sinerxias e oportunidades de negocio para que os emprendedores teñan a posibilidade de levar a cabo novos acordos na súa búsqueda de éxito empresarial.


A xornada comezará ás 9,30 h e é preciso realizar inscrición previa a través do correo aje@cofernet.com ou no 981333322 indicando nome completo da persoa que asiste e nome da empresa. As prazas son limitadas e adxudicaranse por estrito orde de inscrición, tendo prioridade @s soci@s.